Tuesday 16 de April de 2024

Cerdido celebra a súa Cabalgata de Reis este venres, 6 de xaneiro


• A saída terá lugas ás 11:30 horas desde a Casa da Cultura en dirección á Feira

O Concello de Cerdido celebra a súa tradicional Cabalgata de Reis este venres, 6 de xaneiro, en horario de mañá.

A saída das carrozas será ás 11:30 horas desde a Casa da Cultura en dirección á Feira.

Xa pola tarde, a partir das 17:30 horas, no pavillón municipal, haberá unha festa infantil con inchables, que contará coa visita das súas Maxestades.
Aquelas crianzas que desexen participar no desfile teñen que chamar á Casa do Concello para apuntarse no número de teléfono 981 411 000.

Desde o Concello de Cerdido animan a toda a veciñanza a participar nesta cabalgata e asistir á festa infantil deste venres.